Luns, 03 Mai 2021 13:54

Bonos Activa Comercio

Bonos Activa Comercio

A Xunta de Galicia informa de que a partir de hoxe, luns 3 de maio, os galegos e galegas xa poden descargar os bonos desconto para consumir no comercio galego a través da iniciativa Bonos Activa Comercio da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación. O obxectivo é reactivar o comercio local dinamizando as vendas nos establecementos de proximidade.

O programa conta cun orzamento de 10M€ cos que se prevén mobilizar 55 millóns neste sector e chegar a 330.000 clientes a través de bonos desconto de 30 euros.

Os clientes interesados deberán rexistrarse na web www.bonosactivacomercio.gal e poderán descargar os bonos desconto de 30 euros a través dunha aplicación móbil. O importe de cada bono irase consumindo en función do valor da compra: as compras iguais ou superiores a 30 euros terán un desconto de 5€, mentres que ás compras iguais ou superiores a 50 euros lles corresponde un desconto de 10€.

Os Bonos Activa Comercio forman parte do paquete de medidas específicas para o sector que a Xunta de Galicia está a poñer en marcha para acompañar o comercio de proximidade na súa reactivación, e que contará con polo menos 20 millóns de euros en axudas para reforzar a competitividade do sector a través de iniciativas que permitan a súa modernización e incentiven o consumo.


 


Publicado en Comercio
Visto 407 veces

Concellería de Comercio

Bonos Activa Comercio

03-05-2021 / Comercio

A Xunta de Galicia informa de que a partir de hoxe, luns 3 de maio, os galegos e galegas xa poden descargar os bonos desconto para consumir no comercio galego a través da iniciativa Bonos Activa Comercio da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación. O obxectivo é reactivar o comercio local dinamizando as vendas nos establecementos de...

Campaña de apoio á economía local “O nos…

09-04-2021 / Comercio

O Concello de Soutomaior a través da Concellería de Comercio convoca unha campaña de dinamización e apoio á economía local, co obxecto de fomentar de xeito directo o consumo da cidadanía no comercio local e hostalaría. Mediante esta campaña preténdese promover as compras e fomentar o investimento no pequeno comercio e as compras na plataforma dixital municipal, que cofinancia o concello. Para...

Feira de Arcade – Martes 13 de abril

09-04-2021 / Comercio

Coa desescalada iniciada hai uns días, o Concello de Soutomaior recupera a feira que se viña celebrando os días 13 e 26 na Alameda de Talo Río. O Concello lembra a todos os asistentes a obrigatoriedade de usar máscara e usar os puntos de desinfección con xel hidroalcohólico para garantir a seguridade. Coa situación actual limitarase a capacidade de postos habituais ou...

2º Plan de rescate dirixidas a negocios …

23-02-2021 / Comercio

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria da nova liña de axudas directas ao sector da hostalaría e outras actividades pechadas polas medidas sanitarias adoptadas desde xaneiro, coa que se completa a activación íntegra do 2º Plan de rescate da Xunta, dotado en total con 75 millóns de euros. As axudas concederanse por establecemento e suporán contías que...

Exención do canon da auga aos establecem…

22-02-2021 / Comercio

A Xunta publica no DOG o modelo de solicitude para a exención do canon da auga e coeficiente de vertido aos establecementos de restauración e ocio afectados na súa actividade pola covid-19 A resolución recolle os requisitos para a tramitación destas exencións, previa solicitude dos interesados Poden acollerse a esta medida de apoio da Xunta os restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e...