Venres, 13 Xullo 2018 14:06

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva dúas accións voluntarias. Este domingo 15 de xullo de 17 a 20 h terá lugar na Ponte Colgante de Soutomaior a segunda parte da acción voluntaria: imos informar e concienciar. Coa que se pretende informar e concienciar sobre a importancia de reducir o uso de plásticos, facer unha boa xestión dos residuos e  evitar que se contaminen espazos naturais para protexer estas áreas e seguir mantendo a súa biodiversidade e encanto.

Os residuos son un gran problema  é por iso o grupo de persoas voluntarias deseñou nun obradoiro unha campaña para informar sobre o que tardan en degradarse e sobre as consecuencias que ten para o medio que os deixemos tirados pola natureza. Os paneis que se elaboraron serán colocalos este domingo na praia da Ponte Colgante de Soutomaior porque é un paraíso que se está volvendo moi popular pero tamén cada vez é maior o número de residuos cos que alí nos atopamos.. Durante a xornada o grupo de voluntarios/as colocarán xunto coa monitora da actividade os paneis e explicarán ás persoas que visiten o lugar todos estes temas que se recollen na campaña. Ademais, O Concello tamén creou un espazo propia na web municipal para que as persoas poidan ver a campaña e informarse do que se está facendo xa que esta problemática non so acontece alí senón que tamén a hai noutros lugares.

Todos os paneis teñen códigos QR  para quen desexe ampliar máis información. Os paneis recolleranse a finais do verán pero a campaña está permanente na web www.gabinetesoutomaior.com

Todas as persoas interesadas en coñecer o programa e inscribirse nas vindeiras accións poden facelo a través da web do Concello ou ben enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Publicado en Voluntariado
Visto 767 veces


Concellería de Voluntariado

Fai voluntariado no Festival Soutopequeno

25-03-2019 / Voluntariado

As persoas interesadas en participar como voluntarias na organización do Festival Soutopequeno poden  inscribirse na web https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal2/vista-mensual/eventodetalle/2079/voluntariado-soutopequeno O festival de cine e música SOUTOPEQUENO celébrase no Concello de Soutomaior os días 28,29,30 e 31 de marzo, un Festival de cine e música no que ademais haberá pequenos obradoiros musicais e cinematográficos. + info en www.soutopequeno.com Requisitos das persoas voluntarias: non se precisa experiencia...