Vía Verde - Marcha pola mobilidade sostible e verde.
Domingo 16 de setembro
Con motivo da Semana Europea da Mobilidade, A Golpe de Pedal e Pedaladas organizan unha marcha-manifestación en bicicleta para demandar a recuperación das vías do tren fora de uso e crear unha vía verde ciclista e peonil entre Arcade e Pontevedra.
De Pontevedra saída ás 10:00 para estar ás 11:30 en Arcade.
Ás 11:30 é a concentración de Arcade e de aí parte unha marcha a pé polas vías do tren ata Figueirido.