fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 23 Xaneiro 2019 11:04

Separar con xeito – Para reciclar a feito

Separar con xeito – Para reciclar a feito

Esta campaña, organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorioe a colaboración do Concello de Soutomaior, busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe.

En concreto, Separar con Xeito acudirá a feira de Arcadeco obxectivo de orientar e axudar á cidadanía a recoñecer correctamente os residuos que son obxecto de reciclado a través dos contedores amarelo (envases lixeiros) e azul (papel e cartón), así como animalos a realizar o seu depósito nos contedores correspondentes que atoparán en cada evento.
Anímate e participa!

Carpa informativa e merchandising para participantes.
Sábado 26 de Xaneiro

Lugar: Alameda Talorío - Arcade
Concello: Soutomaior
Horario: 10:00-14:00


Publicado en Medio Ambiente
Visto 1100 veces