fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 05 Xuño 2019 12:38

Día mundial do medio ambiente “Composteiros”

Día mundial do medio ambiente “Composteiros”

O concello de Soutomaior recibiu unha partida dende a Deputación de Pontevedra de 30 composteiros individuais xunto con outros tantos aireadores para poder remexer no interior dos mesmos.

Estes novos composteiros únense ós máis de 60 xa repartidos dende comezo de ano dende o concello polo mestre composteiro ó cargo para xestionar os biorresiduos xerados nos fogares que dispoñan de horta ou xardín onde situalo, potenciando así a reciclaxe doméstica e reducindo o depósito deses residuos nos contedores xenéricos. 

Este proceso de compostaxe supón darlle unha saída máis viable tanto economica como medioambientalmente a eses residuos, convertindo un residuo como son os biorresiduos, nun produto como é o compost.

Os interesados deberán presentar a súa solicitude no rexistro municipal e o mestre composteiro poñerase en contacto para acordar unha cita para a recollida do composteiro. Nesa cita, tamén se lles explicará os pasos a seguir no mantemento e uso do composteiro e proporcionaráselles unha guía detallada a cada participante.

Posteriormente, o mestre composteiro concertará cos usuarios datas para realizar o seguimento  para así poder guiar ós participantes durante o proceso de reciclaxe orgánica e garantir o seu correcto funcionamento.

 


Publicado en Medio Ambiente
Visto 966 veces