fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 30 Agosto 2019 10:58

Recuperación dos muíños de Daión

Recuperación dos muíños de Daión

O Concello de Soutomaior propúxose recuperar o seu patrimonio etnográfico para aproveitalo como un recurso turístico máis para o municipio. Así, o goberno local acaba de dirixir unha consulta a Deputación de Pontevedra para determinar se existe a posibilidade de expropiar un total de oito muíños tradicionais en estado de abandono. O Concello de Soutomaior está a levar a cabo desde hai varios anos un ambicioso plan para a recuperación do seu patrimonio histórico e, tras a restauración da ponte medieval de Comboa e numerosas fontes e lavadoiros, agora está decidido a abordar a recuperación dos muíños situados no río Daión, o último afluente do rio Verdugo antes da súa desembocadura.

En pouco máis de 400 metros, o conxunto etnográfico do Daión conta con oito muíños de moa tradicionais que na actualidade atópanse en ruínas. Para solucionar a situación o goberno local acaba de consultar ao servizo de Asistencia Intermunicipal da Deputación de Pontevedra o procedemento para a recuperación dos mesmos e da súa contorna. Unha vez adquirida a titularidade dos inmobles, a intención do goberno local é, ademais da restauración dos muíños, a recuperación total da contorna para o seu aproveitamento como espazo público e a posta en valor do mesmo mediante paneis informativos sobre a flora e fauna local.

Desta maneira, ademais de recuperar os muíños para aproveitalos como recurso turístico garántese a supervivencia destes tradicionais centros de traballo ao converterse en patrimonio municipal. Así, unha vez recuperados, en función do tamaño de cada muíño, poderanse adaptar para diversos usos ao servizo dos vecinos e veciñas


Publicado en Medio Ambiente
Visto 1108 veces