fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 24 Outubro 2019 13:43

Instalación nos cinco centros educativos do municipio

Instalación de composteiros nos Centros Educativos

Instalación de composteiros nos Centros Educativos

O Concello de Soutomaior acaba de instalar seis novos composteiros en todos os centros educativos do municipio.

A medida servirá para reducir os residuos xerados polos centros, principalmente polos comedores escolares, á vez que serve para inculcar hábitos de reciclaxe responsables co medio ambiente entre os alumnos e alumnas.

En total instaláronse seis unidades de compostaxe doméstica nos cinco centros educativos do municipio. Un para a escola infantil de Romariz, outro no Padín Truiteiro, dous para a Galiña Azul e un para o Santiago Apóstol, todos eles de 300 litros de capacidade.

 No IES Soutomaior instalouse unha unidade de compostaxe de 800 litros.

Cada composteiro instalouse polo persoal técnico municipal que ademais de preparar o terreo, colocou unha malla para permitir o acceso pola parte inferior dos pequenos insectos e animais que resultan beneficiosos para a descomposición e á vez evitar que se introduzan os nocivos, como os roedores.

Por último, cada unidade instalada acompañouse dunha guía de compostaxe, un termómetro para controlar o proceso e un aireador.

Ademais, cada centro contará co apoio do mestre composteiro municipal para solucionar todas as posibles incidencias.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 1038 veces