fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 11 Decembro 2015 14:00

Proxecto de Compostaxe Comunitario

Proxecto de Compostaxe Comunitario

O Concello de Soutomaior e a Deputación de Pontevedra poñen en marcha unha campaña (tamén dirixida os nenos e nenas) sobre o compostaxe por medio de carteis, dípticos, charlas, etc para sinalar que a xestión dos residuos é un gran problema para a maior parte dos municipios, que teñen que facer fronte a elevados custos de recollida e tratamento. A compostaxe preséntase, neste sentido, como unha alternativa necesaria xa que é máis económica e máis ecolóxica que os tratamentos actuais. O fundamental para este sistema de tratamento é a implicación dos veciños, que teñen que separar axeitadamente os seus residuos. Nunha primeira fase, implantar a compostaxe comunitaria para darlles servizo a grupos pequenos de cidadáns e a compostaxe individual para aquelas persoas que vivan en zonas dispersas. Para iso ponráse instalacións de compostaxe colectiva situadas en puntos estratéxicos do Concello e tamén composteiros individuais. O martes día 15 de decembro ás 20,00 horas no Multiusos de Arcade terá lugar unha charla sobre a compostaxe comunitaria ( impartida por un técnico ) onde se responderán preguntas como que é o compost ¿, porque facer compost ¿, obxectivos da compostaxe ¿


Publicado en Medio Ambiente
Visto 3101 veces