fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 28 Abril 2020 10:31

Normas Xunta Galicia hortas autoconsumo

Normas Xunta Galicia hortas autoconsumo

-Amplían ata o 31 de xullo, como máximo, o prazo para limpar as franxas de seguridade das casas.

En relación coa prevención de incendios forestais, a Xunta de Galicia acordou levantar a suspensión do prazo legal para cumprir coa obriga de execución da xestión da biomasa nas franxas secundarias (50 metros próximos ás vivendas) e prorrogar o periodo máis alá do 31 de maio, data límite prevista en circunstancias normais, mentres dure o estado de alarma. Así, engádense ó 31 de maio os días transcorridos durante o estado de alarma sen que en ningún caso poidan realizarse limpezas máis aló do 31 de xullo de 2020 inclusive.

-Mobilidade ás hortas de autoconsumo.

A Consellería de Medio Rural determinou que as persoas que teñen cultivos ou viñedos consideradoscomo tales, é dicir, con fins non comerciais, e polo tanto non desenvolvan unha actividade profesional agraria, poderán realizar os desprazamentos mínimos e imprescindibles para o mantemento e atención das súas leiras sempre dentro do termo municipal da súa residencia. Se a horta se atopa nun concello diferente ó do seu domicilio habitual, o desprazamento permitido non poderá superar os 5 quilómetros de distancia dende a vivenda. En ambos casos, deberán aportar unha declaración responsable sobre tal situación. Así, eliminase a anterior limitación de 500 metros, no momento no que a Consellería de Medio Rural aprobe a modificación da orde que regule este aspecto.

-Queimas de restos agrícolas amoreados en terreos agrícolas de explotacións comerciais.

Permítese a queima deste tipo de restos cando a devandita actuación se faga para evitar problemas fitosanitarios nas explotacións agrícolas. Para a tramitación das solicitudes e a obtención da correspondente autorización, os cidadáns deberán dirixirse ós Servizos provinciais de Prevencion de incendios a traves do correo electrónico, e deberán incluír unha declaración responsable da persoa titular da explotación que xustifique a necesidade da queima.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 1197 veces