fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 11 Mai 2020 10:23

A Xunta de Galicia licita a nova depuradora de Arcade

A Xunta de Galicia licita a nova depuradora de Arcade

O Concello de Soutomaior solicitou a colaboración da Xunta de Galicia para a construción dunha nova planta depuradora que se axuste á normativa europea.

Unha colaboración que agora se confirma e aConsellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de licitar a redacción do proxecto construtivo da nova depuradora de augas residuais de Arcade.

A nova estación depuradora, que será cofinanciada a través de fondos Feder, contará cun orzamento de arredor de 2 millóns de euros, que será determinado de forma concreta polo proxecto construtivo.

Na actualidade, Arcade dispón dunha depuradora posta en servizo en 2005 pola Xunta, que tamén está a prestar o servizo de mantemento das instalacións, cun investimento autonómico de máis de 4 millóns de euros ata o día de hoxe.

A depuradora existente, de tipo físico químico, será substituída por unha nova infraestrutura de tipo biolóxico, que disporá de maior capacidade para acadar mellores rendementos na depuración.

Esta actuación enmárcase na aposta da Xunta por apoiar aos concellos nas súas competencias municipais de saneamento e depuración.

A Xunta impulsa este proxecto hidráulico co obxectivo de prestar mellores servizos aos veciños e contribuír ao avance no saneamento da ría de Vigo, beneficiando a pesca, o marisqueo, a acuicultura ou o turismo, actividades estratéxicas nesta contorna.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 982 veces