fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 20 Novembro 2020 13:45

Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES)

Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES)

O concello de Soutomaior aprobará o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES) que marcará as liñas mestras que deberá seguir de cara a avanzar na sostibilidade e na mellora do medio ambiente.

Esta aprobación do PACES é un dos pasos precisos a levar a cabo dentro do Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía ó que o Concello de Soutomaior se adheriu en xaneiro de 2020. Os compromisos adquiridos neste pacto foron:

·         Reducir as emisións de CO2 nun 40% como mínimo de cara a 2030 a través da mellora da eficiencia enerxética e dun maior emprego de enerxías renovables.

·         Aumentar a resiliencia mediante a adaptación ás repercusións do cambio climático.

Na elaboración deste documento realizouse un inventario de emisións de referencia (establecendo o ano 2010 como ano de referencia) e una avaliación de riscos e vulnerabilidades derivadas do cambio climático.

Outro dos requisitos relativos á adhesión ó mencionado Pacto, é o compromiso de presentar traballos de seguemento e control destas cifras para coñecer e avaliar a súa evolución co paso do tempo.

As tarefas que se realizaron para a elaboración do PACES, nun traballo conxunto entre EnergyLab e técnicas/os do concello de Soutomaior, van dende un inventario de emisións de referencia, unha diagnose enerxética, unha avaliación de riscos e vulnerabilidades climáticas, ata finalmente a proposta dunha serie de accións de mitigación para poder acadar os ambiciosos obxetivos do Pacto das Alcaldías.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 631 veces