fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 04 Febreiro 2021 09:45

Localización e calendario do punto limpo móbil

Localización e calendario do punto limpo móbil

O punto limpo móbil do concello de Soutomaior foi trasladado ata o lugar de Moreira para que a veciñanza poida depositar no seu interior aqueles residuos domésticos que non dispoñen de colectores na vía pública para a súa recollida selectiva.

Dito vehículo, suministrado grazas ás axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ó programa Feder Galicia 2014-2020, está dirixido á recollida de aqueles residuos especiais de competencia municipal. Así, o concello de Soutomaior proporciona un método de xestión máis eficiente e responsable para esas fraccións de residuos mellorando os niveis de reciclaxe no termo municipal.

As fracción de residuos aceptadas no punto limpo móbil son as seguintes:

·         Pequenos electrodomésticos./Aceite usado./ Tubos fluorescentes./ Aerosois./ Tóner.

·         Aparatos electrónicos./ Envases de pintura./ Roupa usada./ CD/DVD./ Pilas./  Cartuchos de impresora.

·         Móbiles.Lámpadas de baixo consumo.

Cómpre sinalar que a roupa débese introducir en bolsas pechadas na boca de aporte correspondente e non depositar ningún residuo fóra do punto limpo móbil. Asimesmo, non se aceptan residuos de orixe industrial.

O calendario das localizacións do punto limpo móbil para o ano 2021 detállase na táboa (calquera cambio será comunicado á veciñanza con suficiente antelación):


Publicado en Medio Ambiente
Visto 1481 veces