fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 09 Abril 2021 09:24

O punto limpo móbil trasládase ó barrio de Aranza

O punto limpo móbil trasládase ó barrio de Aranza

Seguindo o calendario xa publicado anteriormente, o Concello de Soutomaior vén de trasladar o punto limpo móbil ata o barrio de Aranza para prestar servizo nel durante o mes de abril de 2021.

Lembrar que este vehículo, adquirido grazas a unha axuda do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ó programa FEDER Galicia 2014-2020, serve para o depósito e a recollida daqueles residuos domésticos para os cales non existe un contedor de recollida selectiva na vía pública.

O Concello de Soutomaior prega á veciñanza que non deposite residuos fóra do punto limpo móbil. Para atender calquera dúbida do servizo en cuestión ponse a disposición o teléfono: 660821131.


 


Publicado en Medio Ambiente
Visto 633 veces