fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 20 Abril 2021 09:20

Plan Renove de electrodomésticos

Plan Renove de electrodomésticos

A Xunta de Galicia informa de que os cidadáns interesados en participar no programa Renove Electrodomésticos poderán solicitar dende hoxe, martes 20 de abril, estas axudas.

O programa Renove Electrodomésticos está dirixido a persoas que residan en vivendas localizadas en Galicia e queiran renovar os seus equipos por outros da mesma tipoloxía e coa seguinte cualificación enerxética: frigorífico ou frigorífico conxelador A, B, C ou D; conxelador A, B, C ou D; lavadora A, B ou C; lavalouza A, B ou C; ou encimera de indución total.

As axudas, ás que se destinan un total de 3M€ serán de concorrencia non competitiva e as solicitudes tramitaranse a través de entidades colaboradoras e presentaranse por medios electrónicos.

Os apoios poderán acadar o 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, o 50% para os vulnerables e o 75% para os vulnerables severos, polo que, segundo a tipoloxía de electrodoméstico e o consumidor, as axudas irán desde os 100 aos 450 euros. Cada beneficiario poderá recibir unha axuda para cada unha das tipoloxías cun máximo de tres electrodomésticos.

Con esta nova convocatoria a Xunta prevé promover unha mobilización de 10,5M€, aforros económicos anuais de 560.000 euros, unha redución do consumo enerxético de 4050MWh/ano, unha diminución das emisións de CO2 equivalente á plantación de 60.000 árbores e a creación de, aproximadamente, 150 postos de traballo.

O enlace no que se poden consultar as bases da convocatoria é o seguinte:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN414C&ano=2021&numpub=1&lang=gl


Publicado en Medio Ambiente
Visto 757 veces