fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 22 Abril 2021 09:46

Día mundial da Terra

Día mundial da Terra

Hoxe 22 de abril celébrase o día mundial da Terra. Esta efeméride ten lugar dende o ano 1970 como consecuencia das múltiples manifestacións realizadas en dito ano en todo o mundo ca fin de incentivar o coidado do medio ambiente.

Aínda que tódolos días do ano se debe coidar o medio ambiente, a celebración deste día mundial busca promover o respeto, a sostibilidade, o fomento da reciclaxe e de accións máis saudables co noso planeta.

Ante todo isto, o Concello de Soutomaior lembra á súa veciñanza que existe un "Plan de compostaxe municipal" para a xestión eficiente dos residuos orgánicos dos seus fogares. Toda aquela persoa que desexe participar no plan, só ten que facer a súa solicitude nas oficinas xerais da casa do concello para que posteriormente, o mestre composteiro lle entregue todo o material preciso así como unha explicación para realizar óptimamente o proceso de compostaxe.

Se existe algunha dúbida ó respecto, poden acudir ó teléfono:660821131.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 717 veces