Xoves, 06 Mai 2021 09:46

O punto limpo móbil trasládase ó barrio de Arcade de Arriba

O punto limpo móbil trasládase ó barrio de Arcade de Arriba

Tralo paso no mes de abril polo barrio de Aranza, o punto limpo móbil foi transportado ata o lugar de Arcade de Arriba, nas inmediacións do colexio Padín Truiteiro para prestar o servizo de recollida de residuos.

Como ven sendo habitual dende que comezou a funcionar, o vehículo sitúase en distintos lugares do termo municipal para mellorar os niveis de reciclaxe dos residuos xerados nos fogares.

As distintas fraccións de residuos deben depositarse nas correspondentes bocas de aporte, introducindo os aceites de cociña en botellas de plástico ben pechadas e a roupa en bolsas, nunca prendas soltas. Está prohibido deixar abandoado lixo fóra do punto limpo.

Ante calquera dúbida no emprego deste servizo habilítase o teléfono: 660821131.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 306 veces


Concellería de Medio Ambiente
Casa do Concello

Fogueiras de San Xoán – Nota Informativa

18-06-2021 / Medio Ambiente

O Concello de Soutomaior abre o prazo para que os particulares que queiran facer unha fogueira no San Xoán na súa residencia poidan presentar a súa comunicación ante a administración. A vía de presentación será a través do modelo de COMUNICACIÓN PREVIA DE FOGUEIRA DE SAN XOÁN EN TERREOS PRIVADOS que está a disposición dos vecinos/as no Concello ata as 14 horas do día 22...

Soutomaior súmase á campaña "Unha árbore por Europa"

04-06-2021 / Medio Ambiente

O Concello de Soutomaior súmase á campaña #UnArbolPorEuropa asinando o manifesto que nace por iniciativa de Equipo Europa a raíz dunha proposta de David Sassoli, Presidente do Parlamento Europeo. Os Concellos partícipes asumen o compromiso de plantar unha árbore no municipio, visibilizar a importancia do desenvolvemento sostible no ámbito local e involucrar á mocidade nestes obxectivos. Con tal motivo durante esta primeira semana de xuño os...

O barrio de Rial-Lourido recibe o punto limpo móbil durante xuño

04-06-2021 / Medio Ambiente

O punto limpo móbil do concello de Soutomaior ubicouse no barrio de Rial-Lourido para prestar servizo durante todo o mes de xuño. O lugar elixido foi o aparcamento a carón da igrexa de San Salvador (Rial). O vehículo, destinado á recollida de residuos que non dispoñen de contedores especiais colocados na rúa, presenta distintas bocas polas que aportar as distintas fraccións. Dende...

Suspensión dos permisos de queima

28-05-2021 / Medio Ambiente

A Xunta prohibe dende este sábado as queimas agrícolas e forestais de particulares debido ás condicións meteorolóxicas. Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición A partires das 00,00 horas deste sábado, 29 de maio, e ata novo aviso, quedarán prohibidas as queimas...

O Concello de Soutomaior continúa co Plan de Compostaxe Municipal

21-05-2021 / Medio Ambiente

Onte, xoves 20 de maio de 2021, o mestre composteiro do concello de Soutomaior repartiu, no lugar de Aranza, unha partida de composteiros domésticos entre a veciñanza. Debido a actual situación sanitaria, as persoas foron convidadas en grupos reducidos no local social deste barrio. En dita reunión o técnico do concello explicoulles a maneira de colocar o composteiro, que materiais...

O punto limpo móbil trasládase ó barrio de Arcade de Arriba

06-05-2021 / Medio Ambiente

Tralo paso no mes de abril polo barrio de Aranza, o punto limpo móbil foi transportado ata o lugar de Arcade de Arriba, nas inmediacións do colexio Padín Truiteiro para prestar o servizo de recollida de residuos. Como ven sendo habitual dende que comezou a funcionar, o vehículo sitúase en distintos lugares do termo municipal para mellorar os niveis de reciclaxe...

TV Concellería de Medio Ambiente