fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 21 Mai 2021 14:00

O Concello de Soutomaior continúa co Plan de Compostaxe Municipal

O Concello de Soutomaior continúa co Plan de Compostaxe Municipal

Onte, xoves 20 de maio de 2021, o mestre composteiro do concello de Soutomaior repartiu, no lugar de Aranza, unha partida de composteiros domésticos entre a veciñanza. Debido a actual situación sanitaria, as persoas foron convidadas en grupos reducidos no local social deste barrio. En dita reunión o técnico do concello explicoulles a maneira de colocar o composteiro, que materiais se poden botar no mesmo, asi como as tarefas de mantemento para realizar optimamente o proceso de compostaxe que supoña un eficiente e ecolóxico modo de xestionar eses residuos.

En vindeiras semanas realizaranse novos repartos de material noutros lugares do concello, para os que se citará mediante unha carta enviada a cada fogar. 

De todas maneiras, aquelas persoas que desexen participar no programa de compostaxe municipal poden acudir ás oficinas xerais na Casa do Concello de Soutomaior e rexistrar a súa solicitude.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 594 veces