fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 18 Xuño 2021 13:05

Fogueiras de San Xoán – Nota Informativa

Fogueiras de San Xoán – Nota Informativa

Concello de Soutomaior abre o prazo para que os particulares que queiran facer unha fogueira no San Xoán na súa residencia poidan presentar a súa comunicación ante a administración.

A vía de presentación será a través do modelo de COMUNICACIÓN PREVIA DE FOGUEIRA DE SAN XOÁN EN TERREOS PRIVADOS que está a disposición dos vecinos/as no Concello ata as 14 horas do día 22 de xuño, sinalando o nome,enderezo,teléfono e fotocopia do DNI do responsable, así como todos os datos que constan no modelo. As persoas responsables teñen que ser maiores de idade.

A presentación da comunicación previa desta actividade supón o coñecemento, aceptación e cumprimento das normas que o modelo inclúe, sendo suficiente este trámite para realizar o evento.

A celebración de fogueiras/sardiñadas en espazos públicos non se poderán realizar atendendo o que ven establecido na orde de 28 de maio de 2021.

Máximo de 15 persoas en espazos abertos e máximo de 6 en espazos pechados agás que se trate de conviventes, así mesmo recomendase que entre a 1,00 e as 6,00 h. tanto en espazos abertos como pechados se limite exclusivamente


Publicado en Medio Ambiente
Descargar adjuntos:

Modelo.jpg (124 Descargas)
Visto 1173 veces