Comezando xa o ano 2022, o punto limpo móbil de Soutomaior ubicarase no lugar de Sameán durante todo o mes de xaneiro.
Este vehículo, que presenta distintas bocas de aporte segundo o tipo de residuos que se pretenda depositar nel, facilita unha recollida selectiva daqueles residuos que non dispoñen dun contedor específico na vía pública.
Reitérase o aviso que indica que a roupa debe introducirse dentro de bolsas de plástico na boca corresponde do punto limpo.
No caso que exista algún problema ou dúbida no funcionamento habilítase o número: 660821131.