fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 16 Mai 2017 12:32

Campaña contra a vespa asiática

Campaña contra a vespa asiática

Coa chegada da primavera, o Concello de Soutomaior presentou o plan para loitar contra a avispa asiática. Para iso o equipo de goberno destinou case 3.000 euros para evitar, na medida do posible, a proliferación de niños ademais de mellorar o equipamento dos traballadores municipais que se encargarán de retirar os que se van descubrindo.

O plan municipal para a contención da avispa asiática busca conter a expansión deste insecto mediante a colocación de 60 trampas para a captura de exemplares, especialmente raíñas. Ademais, e como medida para eliminar os niños actuais, o Concello ten planeado adquirir unha pértega e dous novos traxes de protección especiais para os empleados municipais que retiren os niños. As trampas conteñen unha mestura de etanol con extracto de froitas, que chama a atención da avispa raíña e atráea para que quede atrapada no seu interior, este produto utilizado nestas trampas químicas “non é tóxico”

O edil de Medio Ambiente, Ramón Fernández sinalou que se elixiu esta época  “porque é a época do ano na que a avispa asiática comeza a crear os seus niños. Por iso as trampas permanecerán instaladas durante varias semanas, realizando unha revisión periódica das mesmas”


Publicado en Medio Ambiente
Visto 2148 veces

Medios