fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 18 Marzo 2022 10:54

Non queda nada para a Festa da Ostra 2022!

Non queda nada para a Festa da Ostra 2022!

Xa está aquí, xa temos todo preparado. Só quedan dúas semanas para que empece a primeira Festa da Ostra sen restricións despois da pandemia.

Este ano a Festa da Ostra volverá brillar en todo o seu esplendor cun calendario de actividades que iremos desvelando nos próximos días e que conta con opcións de lecer para toda a familia.

A festa ocupará, como é habitual, o peirao de Arcade durante os días 1, 2 e 3 de abril. Durante eses días haberá actuacións, obradoiros para os cativos, orquestras, pasarrúas e, por suposto, as mellores ostras do país.

Reservade a fin de semana e ide convidando á familia porque este ano por fin volveremos gozar como antes.


Publicado en Festa da Ostra
Visto 540 veces