Venres, 25 Marzo 2022 13:48

Espérase que pasen pola Festa da Ostra máis de 30.000 persoas e que se consuman 100.000 ostras

Espérase que pasen pola Festa da Ostra máis de 30.000 persoas e que se consuman 100.000 ostras

Xa non queda nada!

Acábase de presentar a XXXIV Festa dá Ostra que terá lugar a próxima fin de semana. Ao acto, no que non faltaron as ostras, acudiron varios hostaleiros do Concello, entre eles Paco Corral que será o encargado do pregón deste ano. O propio alcalde, Agustín Reguera, xustificou a decisión alegando que “neste tipo de festas gastronómicas o normal e traer cociñeiros de fora, pero nos pensamos que tendo tan bos profesionais na casa, non facía sentido traer a outra persoa”. Ademais, o alcalde sinalou que a elección de Paco Corral é unha homenaxe ao conxunto dos hostaleiros pola súa labor diaria e polas dificultades que sufriron a causa da pandemia.

No que se refire á festa, tanto o Alcalde como a Concelleira Noelia Ocampo, destacaron o seu optimismo coa celebración deste ano. En total, espérase que acudan á festa preto de 30.000 persoas e que se consuman máis de 100.000 ostras. En canto aos prezos, a ducia custará 10 euros e a ración de empanada, 7.

A programación, que xa se pode consultar na páxina web do Concello, comezará o próximo venres ás 23.00 horas co concerto da Orquestra América de Vigo e finalizará o domingo ás 18.30 horas co Dúo Calú. Entre medias, dous dias de música, animación, fogos artificiais e moitas, moitas, ostras.


Publicado en Festa da Ostra
Visto 90 veces


Festa da Ostra

Máis de 30.000 persoas pasaron pola Fes…

04-04-2022 Festa da Ostra

  Tras tres días de festas, Soutomaior volve á normalidade. Esta mañá levaron a cabo os labores de limpeza e desmontáronse as estruturas que, durante toda a fin de semana, sostiveron...

A Festa da Ostra contará con Punto Lila e zona de lactancia

30-03-2022 / Festa da Ostra

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a concelleira de Igualdade, Cristina González, presentaron o  Punto Lila que estará en funcionamento no Peirao de Arcade durante a Festa da Ostra deste ano.  Estes puntos servirán para facilitar a calquera persoa que o solicite material informativo e de sensibilización para a prevención da violencia, con especial fincapé na violencia machista.  Ademais, este...

Espérase que pasen pola Festa da Ostra máis de 30.000 persoas e que se consuman 100.000 ostras

25-03-2022 / Festa da Ostra

Xa non queda nada! Acábase de presentar a XXXIV Festa dá Ostra que terá lugar a próxima fin de semana. Ao acto, no que non faltaron as ostras, acudiron varios hostaleiros do Concello, entre eles Paco Corral que será o encargado do pregón deste ano. O propio alcalde, Agustín Reguera, xustificou a decisión alegando que “neste tipo de festas gastronómicas o...

Non queda nada para a Festa da Ostra 2022!

18-03-2022 / Festa da Ostra

Xa está aquí, xa temos todo preparado. Só quedan dúas semanas para que empece a primeira Festa da Ostra sen restricións despois da pandemia. Este ano a Festa da Ostra volverá brillar en todo o seu esplendor cun calendario de actividades que iremos desvelando nos próximos días e que conta con opcións de lecer para toda a familia. A festa ocupará, como...

Presentación XXXII Festa da Ostra 2018

23-03-2018 / Festa da Ostra

Esta mañá o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, acompañado da edil de turismo Dolores Cernadas, a presidenta da Confraría de Pescadores "Virxe do Carme" Rita Miguez e o ostricultor Tito Conde, presentou a XXXII Festa da Ostra que se celebrará en Arcade os días 31 de marzo e 1 de abril. O prezo das ostras ao natural será de sete euros...

Presentación XXXI Festa da Ostra

24-03-2017 / Festa da Ostra

O Concello de Soutomaior presentou esta mañá a XXXI edición da Festa da Ostra que se celebrará en Arcade os días 1 e 2 de abril. Nas instalacións do Obradoiro de Hostaleria “Verdugo” onde 20 veciños e veciñas do Concello de Soutomaior reciben formación de emprego e que conta con dúas especialidades : a de operacións básicas de cociña e servizos...