fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 30 Marzo 2022 12:38

A Festa da Ostra contará con Punto Lila e zona de lactancia

A Festa da Ostra contará con Punto Lila e zona de lactancia

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a concelleira de Igualdade, Cristina González, presentaron o  Punto Lila que estará en funcionamento no Peirao de Arcade durante a Festa da Ostra deste ano. 
Estes puntos servirán para facilitar a calquera persoa que o solicite material informativo e de sensibilización para a prevención da violencia, con especial fincapé na violencia machista.  Ademais, este punto servirá como espazo seguro no caso de que alguén sufra algún tipo de abuso ou se este sentido violentada. 
 O punto Lila encóntrase na  caseta de turismo do Peirao, a escasos metros da carpa onde se celebrará a festa. Ademais, este punto estará aberto ao público en horario de 19.00 a 23.00 horas, o venres; de 11.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 23.00 horas, o sábado; e de 12.00 a 21.00 horas, o domingo. 
Cabe destacar que o funcionamento de Punto Lila está coordinado polo Centro de Información á Muller de Soutomaior. Cada Punto Lila contará cun equipo formado por un mínimo de 2 técnicas de igualdade e prevención da violencia de xénero. Así mesmo, disporase de material divulgativo sobre recursos autonómicos e locais e servizos especializados, de sensibilización dirixidas ás persoas que se acheguen ao Punto Lila Municipal. 
No mesmo Punto Lila, habilitarase un pequeno espazo de lactancia para mulleres lactantes e as súas crianzas. Esta acción foi financiada polo Ministerio de Igualdade a través da asignación de fondos do pacto de estado sobre violencia de xénero ao Concello de Soutomaior.
 
 

Publicado en Festa da Ostra
Visto 675 veces