Martes, 12 Xullo 2016 21:41

Arrancamos coas estadías do programa Deseñando o teu futuro

Arrancamos coas estadías do programa Deseñando o teu futuro

Este luns 11 de xullo os mozos e mozas que participan neste programa de educación non formal organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior, en colaboración co Xunta de Galicia, inician as súas estadías nas empresas concretas. Estas empresas foron seleccionadas tendo en conta as súas motivacións e intereses profesionais para que esta experiencia os/as aproxime a unha realidade laboral que os/as atrae laboralmente. Trátase de que se sintan motivados e motivadas a seguir estudando o que realmente lles gusta e para comezar a dar pasos que os acheguen aos seus obxectivos persoais, académicos e profesionais. As estadías ademais promoven a adquisición de habilidades como a autonomía, a xestión das emocións, a escoita activa, a asertividade e as habilidades comunicativas porque se enfrontan eles e elas sós a un contexto real no que teñen que tomar as decisións eparticipar na resolución de situacións que acontecen no día a día dunha empresa. As empresas que colaboran co Concello para poder realizar as estadías son moi variadas, por exemplo: clínicas veterinarias, estudios de arquitectura, empresas de animación e tempo libre, medios e empresas de comunicación, centros de día para maiores, restaurantes, etc. A valoración dos mozos e mozas está sendo moi positiva ata o de agora e a vindeira semana volverán a ter actividades en grupo antes de rematar a súa participación no programa.


Visto 3180 veces

 

 

 
 

Os titulares de Xuventude

Campionato Arcade Jam - Cultura urbana 2019

09-10-2019 / Festival de Cultura Urbana

O Concello de Soutomaior organiza para o sábado 19 de outubro a V Edición do campionato ARCADE JAM  nas modalidades de BMX e SCCOTER. O obxectivo desta actividade é contribuír ao...

Obradoiro: Xogos con risas aseguradas. Programa Tecendo Lazos

07-10-2019 / Xuventude

Aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro "Xogos con risas aseguradas". Este obradoiro realízase no marco do programa Tecnedo Lazos da Deputación de Pontevedra co que colabora o...

Samaín 2019

07-10-2019 / Xuventude

Chega o outono en con él a celebración do Samaín unha festividade que marca o remate da tempada da colleita e o comezo do inverno. E este ano imos a...

Adianto das Escolas Municipais de Xuventude

31-07-2019 / Xuventude

Desde o 2 ao 20 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para participar nas Escolas Municipais: ESCOLAS MUNICIPAIS DANZA E MOVEMENTO Actividade 1: DANZA DO VENTRE Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e...