Organizado polo Concello de Soutomaior
en colaboración cos mozos e mozas do municipio.
 

 

 
 
 
Mércores, 13 Xuño 2018 12:44

Domingo 1 de xullo. Cultura Urbana e Arcade JAM 2018

Domingo 1 de xullo. Cultura Urbana e Arcade JAM 2018

Ábrese o prazo para inscribirse nas actividades do Festival de Ciultura Urbana que organiza o Concello de Soutomaior. Nesta edición contamos cun programa variado de actividades que abarcan desde o campionato de BMX e Scooter ata obradoiros de parkour, graffiti e personalización de gorrar trucker. Todas estas actividades desenvolveránse durante unha xornada na que tamén haberá moita música, danza urbana e outras espazos para poder praticar libremente o skate.

 

HORARIO DE MAÑÁ
11:00   
              - Apertura Skate Park para uso libre
                           - Confirmación e inscricións  nas actividades
12:00 a 13:30     - Obradoiro de Parkour
                           - Obradoiro de Gorras Trucker

HORARIO DE TARDE
15:00 a 16:00     - Confirmación e inscricións da Competición "Arcade Jam
16:00 a 20:30     - Competición "Arcade Jam" (bmx, scooter)
16:00 a 19:00     - Adestramentos libres (supervisados)  en pista de: Parkour e Skateboard
17:00 a 19:00     - Obradoiro de Graffiti
20:45 a 21:00     - Entrega premios
                           - Competición "Arcade Jam"

HORARIO DE NOITE

21:15                  - Exhibición de Danzas de Rúa con Galirokers e outros grupos.
                            - Pista libre e música con DJ

 

 

Todas as actividades son de balde pero as prazas son limitadas. Haberá que inscribirse en liña  dende o seguinte enlace: http://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina/eventodetalle/1413/iv-festival-de-cultura-urbana

Desde o Concello queremos destacar a colaboración da mocidade local na organización do evento e tamén a colaboración da tenda Cromoly de Vigo coa dotación de vales que se poderán trocar na súa tenda para as persoas que participen e sorteo de obsequios.

 

 

 


Descargar adjuntos:

18 BASES ARCADE JAM - IV Festival de Cultura Urbana.pdf (190 Descargas)
Visto 2045 veces

Os titulares de Xuventude

Campionato Arcade Jam - Cultura urbana 2019

09-10-2019 / Festival de Cultura Urbana

O Concello de Soutomaior organiza para o sábado 19 de outubro a V Edición do campionato ARCADE JAM  nas modalidades de BMX e SCCOTER. O obxectivo desta actividade é contribuír ao...

Obradoiro: Xogos con risas aseguradas. Programa Tecendo Lazos

07-10-2019 / Xuventude

Aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro "Xogos con risas aseguradas". Este obradoiro realízase no marco do programa Tecnedo Lazos da Deputación de Pontevedra co que colabora o...

Samaín 2019

07-10-2019 / Xuventude

Chega o outono en con él a celebración do Samaín unha festividade que marca o remate da tempada da colleita e o comezo do inverno. E este ano imos a...

Adianto das Escolas Municipais de Xuventude

31-07-2019 / Xuventude

Desde o 2 ao 20 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para participar nas Escolas Municipais: ESCOLAS MUNICIPAIS DANZA E MOVEMENTO Actividade 1: DANZA DO VENTRE Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e...