fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 23 Xaneiro 2017 12:48

Cláusulas chan

Cláusulas chan

O Multiusos de Arcade acollerá o mércores 8 de febreiro a partir das 20,00 horas unha  xornada informativa sobre as Cláusulas Chan e os Gastos Hipotecarios, que impartirán os técnicos da Unión de Consumidores de Galicia. Esta actividade centrase en axudar á veciñanza amesá a despexar as súas dúbidas sobre as cláusulas chan e o impacto que a recente sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea ten sobre a devolución dos importes cobrados indebidamente.

Esta xornada informativa pretende achegar aos vecinos/as información actualizada e veraz sobre as cláusulas chan e as opcións que teñen as persoas afectadas. 


Publicado en Novas Tecnoloxías
Visto 1951 veces