fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 05 Xuño 2015 09:23

Feira de Arcade

Feira de Arcade

O Concello de Soutomaior estuda medidas para potenciar a feira de Arcade.

Con esa intención reuníronse o alcalde, Agustín Reguera, e o presidente de AGAA, Francisco Romero.

Entre as medidas propostas para revitalizar a feira destacan, ademais do traslado a Talo Río, a utilización do aparcadoiro lindante polo lado sur para os vehículos dos feirantes revisar á baixo as taxas municipais de ocupación da vía pública para venda ambulante. Respetar os dereitos dos ambulantes actuais á hora de outorgar os postos e sortear publicamente o resto anunciándoo previamente nos medios de comunicación.

Ademais, o Concello comprometeuse a tomar diversas medidas para mellorar a calidade e a orde do mercado, entre elas está o establecemento das medidas regulamentarias para cada posto, a elaboración dun plano do mercado e as condicións nas que se celebrará o sorteo de postos.


Publicado en Novas Tecnoloxías
Visto 2257 veces