fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 30 Novembro 2017 09:46

Campaña de apoio comercio Local

Campaña de apoio comercio Local

O Concello de Soutomaior repartirá 5.000 euros en cheques regalo durante a campaña

A iniciativa, na que participarán máis de 80 establecementos do municipio, comezará este venres.


O encendido  das luces de nadal ( martes 5 de decembro) espérase animen esta campaña.

O Concello de Soutomaior prepara unha campaña do Nadal de apoio ao comercio local sen precedentes. A partir do próximo venres, 1 de decembro, e ata o día 26, todas as compras realizadas nos máis de 80 comercios de todo o municipio, adheridos á iniciativa, entrarán no sorteo de 100 cheques regalo por valor de 50 euros cada un.

O obxectivo desta iniciativa é a de promocionar o consumo en negocios locais durante unha das épocas de maior gasto do ano, o nadal. Desta maneira “buscamos concienciar aos veciños sobre o positivo que é para todo o municipio realizar as súas compras en negocios locais e que desa maneira hai máis veciños que se beneficien.”, explicou o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera. O sorteo realizarase o día 27 de decembro, ás 20:30 horas, no Multiusos de Arcade e os cheques entregaranse dous días máis tarde, o 29 de decembro, á mesma hora e no mesmo lugar. Os cheques só se poderán trocar nos establecementos adheridos á campaña. 


Publicado en Novas Tecnoloxías
Visto 1845 veces