Participación Veciñal
Particip. Veciñal +
Os veciños do barrio de Lourido, en Soutomaior, xa dispoñen dun novo local social totalmente remodelado e adaptado a persoas con mobilidade reducida. A mellora foi presentada hoxe durante a visita da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o alcalde, Agustín Reguera.
A actuación financiada polo ente autonómico por importe de 12.000 € consistiu nunha reforma da cuberta exterior do centro social e unha mellora en materia de accesibilidade e seguridade. Así, elimináronse as barreiras arquitectónicas existentes coa instalación dunha rampla de acceso e unha varanda de protección no novo soportal da entrada principal. Ademais, para evitar filtracións e mellorar a climatización instalouse unha nova xanela.
Este ano a Xunta renovou o investimento de 2,5 millóns de euros para estas axudas, que na convocatoria do ano pasado permitiron levar a cabo obras nos locais sociais e instalacións comunitarias de 190 asociacións da comunidade, así como na adquisición de equipos para o seu funcionamento ou na reparación de traídas de auga veciñais.
Participación Veciñal
04-03-2022 / Participación Veciñal
O Concello de Soutomaior xunto coa Asociación Galega de axuda a Ucraína poñen en marcha unha campaña solidaria de recollida de distinto material para poder enviar ao país que estes momentos necesita axuda urxente. A recollida terá lugar os días 7,9 e 11 de marzo no Centro de Maiores de Talo Río en horario de 17,00 h 20,00 horas e no...
16-04-2021 / Participación Veciñal
Os veciños do barrio de Lourido, en Soutomaior, xa dispoñen dun novo local social totalmente remodelado e adaptado a persoas con mobilidade reducida. A mellora foi presentada hoxe durante a...
08-04-2019 / Participación Veciñal
Dia dos nosos maiores - 21 de abril O Concello de Soutomaior organiza unha excursión para os maiores empadronados a Lugo . Ás 8:15 h, saída dende as paradas do transporte escolar...
24-04-2018 / Participación Veciñal
O Concello de Soutomaior organiza unha excursión para os maiores empadroados a Ourense e xantar no Restaurante Carballeira de Santa Cruz. As saídas serán as 9,15 h dende as paradas do...
20-11-2017 / Participación Veciñal
O veciño de Arcade, Manuel Seoane, celebrou os seus 100 anos en compañía de familiares e amigos. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, sumouse ás felicitacións e fíxolle entrega dun...
04-04-2017 / Participación Veciñal
O Concello de Soutomaior organiza unha excursión para os maiores empadronados a PADRÓN e xantar en TEO : Ás 9:15 h, saída dende as paradas do transporte escolar en Soutomaior. Ás 9:30h...
08-02-2017 / Participación Veciñal
O Multiusos de Arcade acolle hoxe mércores día 8 a partir das 20 horas unha xornada informativa sobre as cláusulas chan e os gastos hipotecarios, que impartiránn os técnicos da Unión de Consumidores...
19-04-2016 / Participación Veciñal
Día dos nosos maiores - 8 de maio de 2016 O Concello de Soutomaior organiza unha excursión para os maiores empadronados a Valença e xantar en Oia. Saídas: 9,15h. Dende as paradas...
Particip. Veciñal +