fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 16 Abril 2021 10:28

A Xunta axuda aos veciños de Lourido para mellorar as súas instalacións

A Xunta axuda aos veciños de Lourido para mellorar as súas instalacións

Os veciños do barrio de Lourido, en Soutomaior, xa dispoñen dun novo local social totalmente remodelado e adaptado a persoas con mobilidade reducida. A mellora foi presentada hoxe durante a visita da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o alcalde, Agustín Reguera.

A actuación financiada polo ente autonómico por importe de 12.000 € consistiu nunha reforma da cuberta exterior do centro social e unha mellora en materia de accesibilidade e seguridade. Así, elimináronse as barreiras arquitectónicas existentes coa instalación dunha rampla de acceso e unha varanda de protección no novo soportal da entrada principal. Ademais, para evitar filtracións e mellorar a climatización instalouse unha nova xanela.

Este ano a Xunta renovou o investimento de 2,5 millóns de euros para estas axudas, que na convocatoria do ano pasado permitiron levar a cabo obras nos locais sociais e instalacións comunitarias de 190 asociacións da comunidade, así como na adquisición de equipos para o seu funcionamento ou na reparación de traídas de auga veciñais.


Visto 584 veces