fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 04 Marzo 2022 13:46

Campaña de recollida axuda para Ucraína

Campaña de recollida axuda para Ucraína

O Concello de Soutomaior xunto coa Asociación Galega de axuda a Ucraína poñen en marcha unha campaña solidaria de recollida de distinto material para poder enviar ao país que estes momentos necesita axuda urxente.

A recollida terá lugar os días 7,9 e 11 de marzo no Centro de Maiores de Talo Río en horario de 17,00 h 20,00 horas e no Concello en horario de mañá.

A recollida estará supervisada pola Agrupación de voluntarios de Protección Civil de Soutomaior.

Materiais: Sacos de durmir, roupa para nenos de 0 a 4 anos, roupa interior térmica. Calcetíns, luvas, baterías e pilas, tendas de campaña, lanternas ,etc.

Alimentos: Leite en po, café, cacao, galletas, leite para bebés, toalliñas, cueiros, biberóns e potitos.

Material sanitario e medicamentos: Tesoiras, luvas, vendas, xiringas, mantas térmicas, ibuprofeno, paracetamol, etc.

Os botes de cristal non están permitidos.

O obxectivo da campaña é recoller o máximo material preciso e facer chegar a axuda ata as zonas onde centos de miles de persoas están a refuxiarse da guerra e entregarlles artigos de primeira necesidade


Visto 891 veces