Mércores, 11 Novembro 2015 12:28

Charla Trastornos da aprendizaxe

Charla Trastornos da aprendizaxe

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SOUTOMAIOR OFRECE UNHA CHARLA SOBRE OS TRASTORNOS DA APRENDIZAXE

O relatorio celebrarase no salón principal da biblioteca o martes 17 de novembro ás 18:00 horas.

A Biblioteca Municipal de Soutomaior organiza unha charla de total actualidade no ámbito da educación: "Os trastornos da aprendizaxe: cando o cerebro toma outro camiño".

A psicóloga Johana B. Argüeso, especialista en identificar, avaliar e intervir nos distintos problemas da aprendizaxe, desenvolvemento neurológico e método de ensino. Segundo indica a especialista, os humanos nacemos cun sistema nervioso central que necesita longos anos de maduración, ata conseguir alcanzar unha organización neurológica que nos permita enfrontarnos aos diversos desafíos da vida. As ferramentas neurológicas que se desenvolven durante esta primeira fase, necesitan dunha interacción coa contorna adecuada para lograr organizarse plenamente. Estas ferramentas son as que permiten aos nenos chegar á etapa da aprendizaxe escolar con máis garantías de éxito.

Durante a charla trataranse temas como as áreas cerebrais implicadas nos procesos de aprendizaxe, os tipos de dificultades que nos podemos atopar, que profesionais deben encargarse de resolvelos e exemplos prácticos para aprender a detectar cando pode existir un problema. Tamén se incluirá un apartado específico sobre a dislexia, o problema maioritario dentro dos trastornos da aprendizaxe.

Sobre a súa traxectoria Johana B. Argüeso é licenciada en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid e está especializada nas áreas Social e Educativa. Leva máis de 10 anos traballando con nenos que presentan problemas de aprendizaxe e nos últimos anos envorcou o seu coñecemento do cerebro nos trastornos educativos. Tamén é responsable da creación da comunidade virtual “A razón pola que salto” destinada a estender un mellor entendemento do Autismo.


Publicado en Biblioteca
Visto 2019 veces


Biblioteca M. Luis Seoane

A maxia dos contos / Manuel Solla

01-10-2020 Biblioteca

Venres 2 de outubro  ás 17,30 h. Multiusos de Arcade Espectáculo de animación á lectura, con maxia, contos, monicreques, cancións, participación do público, diversión e moito máis. O contacontos iranos introducindo...

Biblioteca Municipal - Horario de inverno

11-09-2020 / Biblioteca

De luns a venres de 16,00 a 20,00 h. Martes e xoves de 9,00 a 14,00 h

Obradoiros de inglés. Curso escolar 2020/2021

22-07-2020 / Biblioteca

A partir do día 3 de agosto abrirase o prazo de inscrición para participar nos Obradoiros en inglés que se realizan na Biblioteca Municipal Luís Seoane organizados pola Concellería de Cultura do Concello de Soutomaior. A actividade constará de xogos, conversación en inglés e apoio na material de inglés durante o curso escolar 2020/2021 Os grupos son reducidos. Van dirixidos a...

Biblioteca Municipal - Aviso

26-06-2020 / Biblioteca

A partir do vindeiro luns 29 de xuño a Biblioteca Municipal Luis Seoane de Soutomaior abre todos os seus servizos habituais con seguridade. Horario: De luns a venres: 9.00 a 14.00 h. Elimínase o sistema de cita previa do préstamo e devolución. E obrigatorio desinfectar as mans con xel hidroalcohólico ao entrar na biblioteca. É  obrigatorio o uso de máscara para circular pola biblioteca. Durante a lectura da prensa manterase posta...

Biblioteca Municipal – Horario Verán

12-06-2020 / Biblioteca

A biblioteca Municipal de Concello de Soutomaior inicia o horario de verán a partir do luns 15 de xuño ata o 14 de setembro  De luns a venres de 09,00 a 14,00 horas.  O servizo é para a entrega e recollida de libros pero tamén estará aberta a dispoñibilidade do uso dos computadores.  Recoméndase solicitar cita previa no teléfono 986 700291 ou no...

Día das letras Galegas - D. Ricardo Carvalho Calero

13-05-2020 / Biblioteca

Dende a Biblioteca Municipal Luis Seoane de Soutomaior ofrecemosvos uns "retallos" sobre o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020, D. Ricardo Carvalho Calero, Queremos facer unha pequena aportación interactiva, apetecevos xogar…? Solicitamos un correo para: - Mandarvos ás solucións que fagades. - Para participar, nun sorteo dun lote de libros, entre todos os participantes. Non se utilizan con ningún outro fin. A única intención é...


Os libros que te fan imaxigar

97 formas de decir "te quiero"

Cristóbal no sale de su asombro cuando Daniela, una joven desconocida, le revela que ambos murieron veinte años atrás con la promesa de reencarnarse. Pero más atónito queda aún cuando...

El planeta americano

A lo largo del siglo XX se han creado muchos mitos, pero hay uno, ahora que otros han muerto y el siglo declina, que se alza sobre los demás: Estados...

El símbolo perdido

¿Existe un secreto tan poderoso que, de salir a la luz, sea capaz de cambiar el mundo?  Washington. El experto en simbología Robert Langdon es convocado inesperadamente por Peter Solomon, masón...

Acio sanguento

Daniel Sieiro, un policía capaz de ver ata debaixo do alcatrán, e o seu axudante Maquieira deben averiguar quen é o autor do truculentos asasinato de Xulio Afonso, un profesor...