fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 12 Febreiro 2019 12:04

Contacontos ilustrado “Rosalia de Castro” “Figueiriñas que prantei”

Contacontos ilustrado “Rosalia de Castro”  “Figueiriñas que prantei”

Biblioteca Municipal. Mércores 13 de febreiro ás 17,00 horas

Polo Correo do Vento é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos.

Cada actividade dos contos ilustrados divídese en tres bloques, nos cales desenrolan unha temática didáctica de xeito lúdico.

Primeiramente, argallarán unha historia de xeito oral, namentres dibuxan un mural in situ vencellado ó conto.

Para rematar, entre todos e todas debuxarán unha personaxe do conto , pasiño a pasiño e sen medo ningún.

A finalidade da historia é cruzar todo tipo de fronteiras e chegar á xente… e sobre todo, facer ferver o maxín.

Neste caso será Rosalía de Castro e as súas obras as que nos axuden a entender moitas máis cousas da nosa literatura e da nosa lingua.


Visto 600 veces