fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 24 Novembro 2015 10:04

Taller de Zentangle

Taller de Zentangle

A iniciativa é totalmente gratuíta e inclúe os materiais que serán utilizados durante a actividade.

A Biblioteca Municipal de Soutomaior acaba de presentar o seu novo taller de temática do Nadal que levarase a cabo durante as próximas semanas. Trátase dun curso completo de Zentagle, unha técnica artística que consiste na creación de imaxes a partir de patróns denominados tangles.

Os talleres son totalmente gratuítos e celebraranse os luns ou mércores, de 10 a 12 horas, ata o próximo 23 de decembro.

A arte de debuxar con esta técnica parte de formas definidas e abstractas, formadas con trazos repetidos e seguindo unha estrutura concreta ata formar curiosas imaxes. Ademais de conseguir belas imaxes artísticas, o alto grao de atención ao noso debuxo, proporciona benestar á nosa mente nunha especie de ioga cerebral fomentando a nosa creatividade e intuición.

O curso conta con dous partes diferenciadas. A primeira dela, servirá para que os alumnos aprendan a debuxar os seus tangles e perfeccionar a súa técnica, ademais de realizar exercicios específicos para mellorar a psicomotricidade. Na segunda parte, grazas ao coñecemento adquirido previamente elaboraranse diferentes proxectos relacionados coa temática común do nadal, realizando adornos e obxectos para regalar nestas datas, sendo algo único e feito a man polos propios alumnos. Cada sesión dura aproximadamente dúas horas e terá lugar na segunda planta da biblioteca. A actividade, impartida por Elisabet Hillerud, está aberta a toda a poboación e conta con prazas limitadas.

Para recibir máis información ou realizar matricúla os interesados deberán dirixirse á Biblioteca Municipal Luís Seoane de Soutomaior ou ben a través do teléfono 986 700 291.


Visto 1858 veces