fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 10 Decembro 2019 11:20

Xoves de conto “O axudante de Papá Noel”

Xoves de conto  “O axudante de Papá Noel”

Xoves 12 de decembro ás 17,30 h. Biblioteca Municipal.

 Na Biblioteca Municipal do Concello de Soutomaior como cada primeiro xoves de cada mes e dentro da programación de “ xoves de conto” chega a Compañía Moc Moc con “O axudante de Papá Noel”

Se collemos o Nadal, os malabares, a acrobacia, a interacción constante co público e xuntámolos todos no saco de Papá Noel cun dos seus elfos máis pallasos, torpes e rebeldes, o resultado é este tolo contacontos no que aprenderemos a importancia e o beneficio de compartir cos demais. Este pequeno home virá buscando axuda para levar a cabo a tarefa máis importante do ano: repartir os agasallos a todos os nenos do mundo.

Intérprete: MeRe Clown (David Merelas)  - Estilo: Contacontos, Clown e circo.

Duración: 40 minutos - Tipo de público:Familiar


Visto 735 veces