Obradoiro artístico - Biblioteca Municipal
Hoxe xoves 27 de Febreiro a partir das 17,30 h
Música, voz e guitarra: Marcos Acuña (Truque Matruque. Contos cantados)
Ilustracións e narración: Esteban Acuña (Tarabelos. Títeres e contacontos)
Duración: 90 min aproximadamente.
Participantes: 25
Idade: A partir de 7 anos
Inscricións previas
Sinopse:
Un obradoiro centrado no personaxe de Rosalía de Castro e o seu libro "Cantares gallegos", no que descubrimos a súa disconformidade diante das desigualdades de xénero, idioma, clases sociais... Cantaremos os cantares de Rosalía e xogaremos con eles, contaremos un dos seus contos e faremos unha "rosaliada": un gran cadro entre todos no que deixaremos unha mensaxe de igualdade, utilizando a arte como fixo Rosalía.