Venres 2 de outubro ás 17,30 h. Multiusos de Arcade
Espectáculo de animación á lectura, con maxia, contos, monicreques, cancións, participación do público, diversión e moito máis. O contacontos iranos introducindo no mundo máxico dos contos coas sorpresas dunha maleta máxica e da man dos seres fantástico que nela habitan.
Esta actividade encádrase dentro do programa de dinamización da lectura da Xunta de Galicia que ofrece ás bibliotecas públicas da Rede a través do seu catálogo actividades de distintas categorías coas que achegar á cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atrayente.
Público: 4 a 11 anos. Duración: 50 minutos