fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 30 Abril 2021 09:20

Un século, Emilia Pardo Bazán. Conmemoración 12 de maio de 2021

Un século, Emilia Pardo Bazán. Conmemoración 12 de maio de 2021

O 12 de maio de 2021 conmemórase un século do pasamento de Dona Emilia Pardo Bazán e oConcello de Soutomaior organiza unha actividade lúdica e didáctica para coñecer a esta novelista, xornalista, feminista, crítica literaria, poetisa, dramaturga, traductora, editora, catedrática, introductora do naturalismo en España e precursora nas súas ideas acerca dos dereitos das mulleres e o feminismo. Figura que reivindicou a instrucción das mulleres como algo fundamental e adicou dedicó unha parte importante da súa actuación pública a defendelo. Entre a súa obra literaria unha das máis coñecidas é a novela "Los pazos de Ulloa".

Se queredes aprender moitas cousas interesantes sobre esta gran muller, inscribídevos nas actividades organizadas pola Concellería de Cultura e aBiblioteca Municipal Luís Seoane. Organízanse dúas sesións de xogo para poder controlar aforos.

Será un percorrido lúdico e didáctico moi divertido sobre a vida de Dona Emilia, Sairemos desde a Biblioteca Municipal e remataremos en Talo Río cunha sorpresa final!!!

“Historia dunha vida. Emilia Pardo Bazán”

  • Sesión 1: mércores 12 de maio de 17:30 -18:15 horas.
  • Sesión 2: mércores 12 de maio 18:30-19,15 horas

Idades: 8 a 12 anos

Inscricións previas desde: chamando ao número 986700291; ou en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou na propia Biblioteca Municipal Luís Seoane. Reserva a túa praza!!! Limitado o aforo por tema COVID.


Visto 629 veces