fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 30 Abril 2021 09:45

Actividades de animación á lectura na rúa

Actividades de animación á lectura na rúa

Tras a suspensión da pasada semana dos actos conmemorativos do Día do Libro pola choiva, o Concello de Soutomaior organiza para este fin de semana tres días de actividades de animación á lectura na rúa.

 A participación é totalmente gratuíta e sen límite de idade.

Accederase por orde de chegada ata completar o aforo permitido para cada actividade.

O programa de actos comezará hoxe  venres día 30 coas historias de Mortadelo e Filemón, na alameda Talo Río a partir das 17 horas. Trátase dunha interpretación ao estilo dos contacontos tradicionais, pero onde os personaxes dos contos cobran vida para interactuar co público.

O sábado 1 de maio haberá unha dobre sesión do espectáculo “ Unha fábrica de bicos”. A primeira actuación comezará ás 17:00 horas no Peirao de Arcade e a segunda terá lugar na Alameda Talo Río ás 18;00 horas.

O domingo 2 será a quenda da historia de “ Superpataca”, que tamén contará cunha dobre sesión. A primeira será en Talo  Río a partir das 12;30 horas e a segunda a partir das 17:00 horas no Campo de San Benito de Romariz.

O espectáculo contará con cadeiras individuais para cada participante de maneira que se poida manter a distancia de seguridade. Ademais, para acceder ao espectáculo, será necesario levar máscara e seguir as normas sanitarias e protocolos contra a Covid 19.


 


Visto 627 veces