fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 24 Xuño 2021 15:03

Obradoiros de Inglés na Biblioteca

Obradoiros de Inglés na Biblioteca

A partir do 6 de xullo e ata o 17 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para participar nos Obradoiros de Iglés do curso 2021-2022. Unha nova convocatoria deste programa organizado polo Concello de Soutomaior e a Biblioteca Municipal Luís Seoane e que ten como obxectivo mellorar as competencias en inglés de nenos e nenas nacidos/as entre os anos 2010 a 2016 ( 5 a 11 anos) a través do xogo, con exercizos prácticos e conversación así como prestando apoio escolar nesta lingua para mellorar todas as competencias neste idioma.
 
As clases organizaranse por idades en diferentes días:
 
Luns
nacidos/as en 2016 de 16:15 a 17:15 h.
nacidos/as en 2015 de 17:30 a 18:30 h.
 
Martes
nacidos/as en 2014 de 16:15 a 17:15 h.
nacidos/as en 2013 de 17:30 a 18:30 h.
 
Xoves
nacidos/as en 2012 de 16:15 a 17:15 h.
nacidos/as en 2011 de 17:30 a 18:30 h.
nacidos/as en 2010 de 18:45 a 19:45 h.
 
 
As inscricións serán EN LIÑA: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina
 
O formulario de insrición abrirase o 6 de xullo. As prazas cubriranse por orde de inscrición ata completar prazas. Cada grupo estará composto por 9 prazas.

Visto 458 veces