fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 02 Xullo 2021 08:30

Lendas da Peneda

Lendas da Peneda

Este pasado mércores o tempo permitiu levar a cabo a actividade LENDAS DA PENEDA, prevista para o venres 18 de xuño e adiada para este mércores por causas metereolóxicas. Así, as persoas inscritas puideron disfrutar das fermosas historias contadas por Celso Fernández, grandes historias nun lugar máxico.

O acto pechouse coa música do grupo Poalleiras de Arcade. Esta actividade foi programada polo Concello de Soutomaior dentro do programa Bibliofogar, un servicio de extensión bibliotecaria a través do cal a Biblioteca Municipal achega os libros, revistas e películas á casa das persoas que o soliciten e que sexan residentes en Soutomaior.

A partir deste xoves 1 de xullo e coa chegada do verán ponse en marcha Biblioverán, un programa a través do cal podedes recoller material para ler na praia achegándovos á caseta de turismo na zona do Peirao de Arcade.


Visto 372 veces