fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 08 Xullo 2021 10:02

Biblioverán na praia

Biblioverán na praia

Un verán máis chega “Biblioverán” actividad co obxectivo de fomentar a lectura coma fonte de enriquecemento cultural e de entretenemento.

Este servizo coordinado pola Biblioteca Municipal e organizado pola Concellería de Cultura ofrecerá desde o día 1 de xullo e ata o 30 de setembro un punto de lectura na oficina de Turismo situada no Peirao de Arcade onde calquera persoa poderá levar en préstamo revistas e libros coa presentación dun carné identificativo (carné de biblioteca, D.N.I, etc.)

Tamén poderá consultar a prensa diaria na mesma oficina a partir das 16,00 h. (Polas mañás este servizo ofrécese na propia Biblioteca desde as 9,00 ata as 14,00 horas)


Visto 736 veces