fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 17 Abril 2015 11:05

X Semana do Libro

X Semana do Libro

A biblioteca Municipal do Concello de Soutomaior pon en marcha a X Semana do Libro que se iniciará o próximo martes día 21 ata o venres 24 de abril.

A programación será a seguinte:

Martes 21: - 11,00 horas visita do Colexio de Pontesampaio - 17,30 horas haberá un conta contos musical para bebes de 0 a 5 anos por parte de Pablo Díaz.

Mércores 22: Ás 11,00 e ás 12,15 horas Ciencia máxica para escolares. (Esta actividade esta concertada cos centros educativos) - 16,15 horas Obradoiro para nen@s. Marca paxinas coa supervisión de Elisabet Hillerud. Esta actividade é para maiores de 5 anos e en necesario inscribirse previamente.

Xoves 23: Ás 12,00 horas Teatro coa obra "Nuncabunga" da compañía Elefante elegante. Esta obra foi premiada co Maria Casares 2013 e esta actividade esta concertada e programada cos centros educativos.

Venres 24: Ás 17,30 horas Conta contos por Fátima Fernández e a obra "érase unha vez uns zapatos" recomendada a partir de 5 anos.

Así mesmo seguirá o Club de lectura en Inglés (Xoves 23 ás 19 horas co libro "And then there were none" de Agatha Christie. Alemán: Xoves 23 ás 16,00 horas - Obra: "Die Blechtrommel deGünter Grass Francés: Luns 27 ás 19,00 horas - Obra: "lles contes du chat cardei" de Marcel Aymé Español/Galego: Mércores 29 ás 18,30 horas- Obra "Iacobus" deMatilde Asensi


Visto 3309 veces