fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 13 Xaneiro 2022 17:44

Os libros chegan á túa casa!

Os libros chegan á túa casa!

Bibliofogar, un servizo de balde co que a Biblioteca Municipal “Luis Seoane” de Soutomaior achega a calquera persoa que viva no termo municipal libros, vídeos, revistas, etc.

Se por mor da pandemia non podes acudir fisicamente á Biblioteca, podes chamarnos ou cubrir unha solicitude para que se che recollan os libros, películas ou revistas que te levas en préstamo, e  tamén podedes solicitar que se vos achegue material.

Se vives só/sóa e necesitas uns minutos de compaña ou de lectura, non dubides en solicitarnos este servizo de Bibliofogar. Actualmente, traballamos de seguido con varias asociacións e entidades, que reciben puntualmente, previa cita acordada, os seus pedidos.

Toda a información en: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-municipais/biblio-fogar

Tel 986700291


Visto 564 veces