fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 14 Xaneiro 2022 11:41

A hora do conto!

A hora do conto!

Chega á Biblioteca Municipal esta actividade dirixida a nenos e nenas de 4 ata 12 anos na que escoitarán, verán, tocarán, imaxinarán, partillarán…contos!

Trátase dunha proposta creativa sobre historias narradas nas que nenos e nenas serán protagonistas… Achegarémoste ao mundo dos contos e da literatura a partir de creacións e narracións elaboradas por Pavís Pavós, contadores de historias cunha longa traxectoria no público infantil. Este equipo encargarase de guiarvos nesta gran aventura na que poderedes gozar dun xeito moi práctico da lectura e da creación de relatos cos que imaxinar e divertirse individualmente ou en grupo. 

Será cada venres último de mes de 18:00 a 19:30 desde o mes de xaneiro na Biblioteca Municipal en Arcade.

A primeira sesión terá lugar o venres 28 de xaneiro. As prazas serán limitadas e haberá que anotarse previamente en liña na web Inscricións en LIÑA (gabinetesoutomaior.com)

A inscrición para esta primeira sesión abrirase o luns 17 de xaneiro ás 09.00 h. No caso de cubrirse as prazas crearase unha lista de agarda por se hai baixas.

Para cada sesión haberá que inscribirse de novo. Sempre se abrirán os prazos 12 días antes da data sinalada para a realización da sesión.

Máis información na Biblioteca Municipal. Tel 986700291 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Visto 928 veces