fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 11 Abril 2016 13:04

IX Recital Poético: García Lorca

IX Recital Poético: García Lorca

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SOUTOMAIOR CELEBRA ESTE XOVES O IX RECITAL POETICO DEDICADO Á FIGURA DE FEDERICO GARCÍA LORCA

XOVES 14 ÁS 19,00 HORAS

O festival homenaxea ao poeta no 80 aniversario da súa morte a través da súa obra “Romancero Gitano”

Poesía e música danse a man na actuación que o grupo “Amistad” ofrecerá este xoves na Biblioteca Municipal de Soutomaior. A partir das 19:00 horas, os membros deste grupo pontevedrés renderán homenaxe a uns dos mellores poetas das letras españolas de todos os tempos, Federico García Lorca, a través da súa obra “Romancero Gitano”. O recital terá unha duración de 45 minutos aproximadamente e o acceso é totalmente gratuíto.

Un ano máis, o grupo Amistad regresa a Soutomaior co seu recital poético-musical.É unha representación baseada na obra de García Lorca coa que pretenden render homenaxe ao poeta no 80 aniversario do seu falecemento.

O repertorio consta de varias pezas con diferentes interpretacións musicais que acompañarán a poemas tan reconocibles como “Romance de la luna” “Romance sonámbulo” ou “Feria de abril en Jerez”.

Esta é a novena edición do Recital Poético de Soutomaior, que desde o ano 2005 vén recollendo clásicos da literatura e a poesía universal. Desde a primeira edición, dedicada ás Lecturas do Quixote, ata a actual, autores como Uxio Novoneyra ou os integrantes da xeración do 27, protagonizaron unha cita que ano tras ano amplía as súas fronteiras e atrae maior cantidade de público.

O grupo “Amistad” colabora desinteresadamente coa Biblioteca Municipal de Soutomaior desde o ano 2006, cando deleitaron aos asistentes ao seu espectáculo “Lecturas del Quijote”. Desde entón volveron cada ano con actuacións centradas en “A xeración do 27”, o “Amor e desamor” ou con recordos e homenaxes especiais como o realizado a Jorge Llopis chamado “Cantazo a la primavera” ou o do ano 2010, con motivo do Día da Letras Galegas, en honra e con título a “Uxío Novoneyra”.


Visto 1485 veces