fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 13 Mai 2016 11:16

Biblioteca Municipal - Maxia & Música

Biblioteca Municipal - Maxia & Música

O luns 16 de maio ás 17:00 h terá lugar na biblioteca o espectáculo “Maxia & Música con Manuel María” da man do ilusionista Martín Camiña e o músico Álvaro Muras.

Un percorrido guionizado de maxia e música, a través da vida e obra do autor Manuel María.

Un espectáculo con fondo musical e moita ilusión que navega nos versos do poeta lucense. 60 minutos de sorpresas con cancións, cordas, cartas, panos, papeis e coa vida de Manuel María coma escenografía.

Entrada libre para todos os públicos.


Visto 2185 veces