fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 24 Mai 2016 14:05

Nova aula de estudo

Nova aula de estudo

A BIBLIOTECA MUNICIPAL LUÍS SEOANE DE SOUTOMAIOR ESTREA NOVA AULA DE ESTUDO

O espazo está ideado para garantir un ambiente de estudo apropiado sen que interferan as actividades culturais do centro.

A biblioteca municipal de Soutomaior, “Luís Seoane”, acaba de estrear un novo espazo dentro do centro.

Trátase dunha aula de estudo totalmente acondicionada e deseñada para que os veciños que necesiten un ambiente de estudo apropiado poidan acceder a el sen que as actividades da biblioteca interfiran no seu traballo. A aula conta con 6 cabinas de estudo individual con todos os servizos necesarios como o acceso a internet, por wifi ou cable, rede eléctrica, iluminación led especificamente deseñada para centros de estudo, calefacción, cadeiras ergonómicas para as longas horas de estudo e suficiente espazo na mesa para libros, computadores portátiles e todo o necesario.

O novo espazo construíuse aproveitando un dos recunchos menos utilizados da biblioteca coa intención de que o ruído que ocasionan as diversas actividades culturais do centro non interfira no estudo dos usuarios.

Actualmente este espazo xa está a ser utilizado por varios veciños de Arcade e Soutomaior, principalmente por alumnos universitarios e veciños que preparan diversas oposicións a organismos públicos. A pesar de que a aula xa se atopa en funcionamento, aínda está pendente a instalación do sistema de ventilación, que se realizará nas próximas semanas e garantirá unha calidade de aire óptima.


Visto 2214 veces