fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 13 Mai 2015 13:10

Carriño solidario - Biblioteca Municipal

Carriño solidario - Biblioteca Municipal

A biblioteca municipal do Concello de Soutomaior en Arcade puxo en marcha unha iniciativa social con vocación de permanencia.

Trátase dun carriño de mercado de época no que a biblioteca deposita todas aquelas películas e libros de narrativa para adultos e nenos que ten duplicadas ou que por diferentes razóns se decidiron eliminar do catálogo da biblioteca.

Moito do material ofertado é novo e reponse a diario. Se algún dos exemplares do carriño resulta interesante para alguén, este pode levárseo (como propietario) cambiándoo por algún alimento non perecedoiro.

Os alimentos que se recollen nesta iniciativa fanse chegar a Cáritas ao finalizar o mes a través dun dos seus voluntarios.

Levan un mes co mercado montado e algunhas persoas empezaron a deixar alimentos a cambio de libros, outros decidiron achegar alimentos sen nada a cambio e algúns trouxeron libros en doazón para esta iniciativa.

Este mes cambiaron 40 libros por 40 quilos de comida.

Estará instalado na primeira planta da biblioteca durante todo o ano.

Os alimentos suxeridos para o troco: galletas, aceite, leite, legumes, arroz, azucre, conservas.


Visto 2272 veces