fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 14 Mai 2015 13:59

Carteis gañadores do Certame-Exposición Letras Galegas 2015

Carteis gañadores do Certame-Exposición Letras Galegas 2015

Na biblioteca hai unha pequena exposición con 10 carteis que mostran a vida e obra do Profesor Filgueira Valverde, así como unha pequena mostra do material bibliográfico existente.

O material inclúe obras escritas, comentadas ou prologadas por este autor, así como a súa biografía intelectual recentemente publicada ( de Xesús Alonso Montero).

CARTEIS GAÑADORES DO CERTAME-EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2015. Exposición das dúas coleccións de 10 carteis que conforman as exposicións gañadoras do certame deste ano 2015.

Os gañadores foron os carteis elaborados polos alumnos do CEP Salustiano Rey Eiras da Pobra do Caramiñal: "Traballando co vello profesor" e do EPA Río Lérez de Pontevedra: "Filgueira rima con Armenteira".

Dita mostra achegan a figura de Filgueira Valverde, a situación sociolingüística e a época histórica que lle tocou vivir ao alumnado de primaria e secundaria e ao público en xeral.

A exposicións e visitable no horario de apertura da Biblioteca: luns a venres 9: a 14 e de 16 a 20 h.


Visto 4941 veces